500 Deportistas daranse cita no V Trail Ribeira Sacra
Os participantes nesta proba, que esgotou as inscricións ás nove horas e media de abrilas

500 Deportistas daranse cita V Trail Ribeira Sacra / Deputación Provincial de Ourense

Ourense
Os participantes nesta proba, que esgotou as inscrións ás nove horas e media de abrilas, proceden de 12 provincias españolas e 3 rexións portuguesas.
A proba de montaña, que logrou reunir nas súas catro edicións anteriores a 1.600 persoas, é unha experiencia única para coñocer un espazo natural de orixinal beleza onde conflúen o Miño e o Sil e o importante legado histórico e monumental desta privilexiado entorno.
Coa celebración do ´´ Trail Ribeira Sacra´´ preténdese fomentar a práctica do deporte e o benestar que isto representa para a saúde e, así mesmo, potenciar a imaxe da Ribeira Sacra dun modo diferente, contribuíndo además a dinamizar a vida social e económica de Nogueira de Ramuín, territorio que mestura á perfección natureza, tradición e gastronomía.