Sociedad | Actualidad
O Porriño

O CIM do Porriño saca un punto de información á rúa

O CIM do Porriño ten, entre as súas prioridades, as actividades de prevención, información, asesoramento e, en xeral, a loita contra a violencia de xénero

CIM O Porriño / Concello de O Porriño

CIM O Porriño

Vigo

A Concellería de Igualdade quere visibilizar o CIM, Centro de Información á Muller, un recurso que, desde o ámbito local, realiza unha intervención global dirixida ás mulleres e proporciónalles asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación e información.

“Por iso, sacamos un punto de información do CIM á rúa no que contamos coa colaboración de Bea Domínguez Almeida, unha adestradora (coach) do apoderamento feminino, unha persoa motivada e positiva que conta con máis de 6 anos de experiencia ofrecendo unha moi boa asistencia e orientación ás mulleres cara ao auto-apoderamento”, segundo explicou a Concellería que dirixe Cami Moreira.

O CIM do Porriño que conta con 20 anos de experiencia ten, entre as súas prioridades, as actividades de prevención, información, asesoramento e, en xeral, a loita contra a violencia de xénero, así como a atención ás mulleres vítimas dela.

Desde o inicio da súa actividade no ano 2000, o CIM do Porriño é unha referencia pola súa prestación de asistencia ás mulleres vítimas de violencia machista, polas campañas de sensibilización, charlas formativas nos centros educativos, plans de igualdade, edición de guías para a detección dos malos tratos e polo uso e fomento da linguaxe non sexista e inclusiva.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00