Sociedad | Actualidad
O Porriño

O pavillón escolar 'Fernández López' acollerá a final do 'Trivium Porriño'

Os gañadores acadarán un premio de 300 euros para consumir no comercio

Finalistas Trivium / Concello de O Porriño

Finalistas Trivium

Vigo

A Concellería de Festexos comunicou que, tendo en conta as previsións meteorolóxicas adversas para este sábado día 2, a final do Concurso 'Trivium Porriño' trasladarase ao pavillón escolar 'Fernández López'

Pode asistir público, aínda que haberá aforo limitado A final xogarase entre as 18:00 e as 20:30 horas coas catro parellas que vemos nas imaxes adxuntas, que obtiveron a súa clasificación nas quendas anteriores.

Os gañadores acadarán un premio de 300 € para consumir no comercio e na hostalería locais. 200 € para segunda clasificada e 100 € para a terceira.

'Trivium Porriño' é un xogo similar ao 'Trivial' pero personalizado na vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

'Trivium Porriño' é unha nova proposta de lecer durante as Festas do Cristo que fai a Concellería que dirixe Cami Moreira, organizada pola OMIX do Porriño e coa colaboración da produtora 'Especialistas Hípica Celta'

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00