O Concello de O Porriño acorda doar 20.000 euros para axuda á illa da Palma
A doazón realizarase con cargo a remanentes de tesourería e depositarase na conta corrente autorizada polo Cabido da Palma

Concello / Concello de O Porriño

Vigo
O Concello do Porriño doará 20.000 € para axudar á xente da illa canaria da Palma, afectada desde o pasado domingo 19 de setembro pola erupción volcánica.
Segundo o acordo plenario adoptado na sesión ordinaria celebrada na tarde de onte, a doazón realizarase con cargo a remanentes de tesourería e depositarase na conta corrente autorizada polo Cabido da Palma.
A proposta veu do PSOE, foi exposta pola portavoz municipal socialista, Lourdes Moure. Argumentou que o Concello do Porriño "cunha historia de solidariedade que sempre o definiu, non pode quedar atrás ante esta traxedia que teñen que afrontar tantas familias"
A proposta foi aceptada e apoiada polo BNG, PP e UDDL. Só EU SON votou en contra, cualificando a iniciativa de "oportunista"