O pavimentado do Camiño do Casal de Vello, en Torneiros, a piques de rematar
A obra está financiada a través do Plan Marco da Consellería de Medio Rural

Trabajos de pavimentado / Concello de O Porriño

Vigo
A construtora adxudicataria do proxecto de mellora está a piques de rematar a pavimentación do Camiño de Casal de Vello, na parroquia de Torneiros.
Segundo informou a Concellería de Infraestruturas dirixida por Pedro Pereira, "as obras de asfaltado concluirán esta semana e só quedará a execución de cunetas e o levantamento das tapas das arquetas".
A obra está financiada a través do Plan Marco da Consellería de Medio Rural. Para iso dispúxose dun orzamento duns 59.000 euros.