Sociedad | Actualidad
Galicia

Fabiola García: "As entidades bancarias deberían replantexar o que están a facer"

A conselleira de Política Social visita Laxe e anuncia a apertura de seis Casas do Maior

La conselleira de Política Social, Fabiola García, en el estudio de Radio Galicia. / Cadena SER

La conselleira de Política Social, Fabiola García, en el estudio de Radio Galicia.

A Coruña

A loita dos concellos por manter os servizos bancarios atopou hoxe o apoio da responsable de Política Social da Xunta de Galicia. En declaracións a Radio Nordés, Fabiola García considerou que as entidades financieiras deberían "replantexar o que están a facer. Prestan servizo aos cidadáns, pero tamén un servizo social. Que a xente maior teña ese servizo ao seu carón é algo necesario. Imos estar ao lado da xente que demanda manter ese servizo ao carón dos cidadáns"

A conselleira de Política Social, Fabiola García, concedeu esta entrevista con motivo da súa visita a Laxe para inaugurar unha Casa do Maior. A nova infraestructura foi definida por Fabiola García como "un lugar de encontro onde persoas dos concellos máis pequenos de Galicia poden compartir experiencias". Serán uns centros gratuítos para o usuario, de xestión privada, onde o goberno autonómico asume tamén os gastos de transporte do usuario.

As Casas do Maior son a aposta do goberno autonómico para resolver o crecente problema de conciliación derivado do envellecemento da poboación galega. Neses espazos poderán convivir 5 maiores ata 8 horas ao día. A vontade da Xunta é pechar o ano con 91 casas abertas. Ás 20 da actualidade se lle van sumar 71 que hoxe serán concedidas polo goberno autonómico. A Costa da Morte será unha das bisbarras nas que se produzan próximas aperturas. En concreto a conselleira sinalou aos concellos de Ponteceso, Muxía, Cee, Mazaricos, Camariñas e Carnota como beneficiarios destas Casas do Maior. Con estas aperturas o goberno autonómico pretende paliar a carencia de centros de día na bisbarra.

Preguntada sobre a situación do centro de día de Corcubión, construido pero sen data de apertura, a conselleira evitou comprometer o apoio da Xunta para dotar deste servizo áveciñanza. "Estamos a disposición para botar unha man aos concellos que se deciden a poñer en marcha un recurso de conciliación. Estamos dispostos a botar unha man para atender aos nosos maiores", declarou a responsable de Política Social sen valorar a opción de que sexa o goberno autonómico quen se faga cargo deste centro.

Fabiola García garantiu que non haberá reducción dos recursos destinados aos Servizos de Axuda no Fogar nos concellos onde se inauguren Casas do Maior. "A idea é incrementar horas, porque son servizos compatibles" manifestou a conselleira.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00