María Neira, directora saúde OMS: "Retirar coches das cidades da votos"
A directora de Saúde e Medio Ambiente da OMS participou este venres no seminario 'Hábitat saudable e biodiverso' da Facultade Ágora da Deputación
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/YEG52FCZMBLEDBIZ47QUCPKY6Q.jpg?auth=undefined&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Acto de este venres / Rafa Estévez
![Acto de este venres](https://cadenaser.com/resizer/v2/YEG52FCZMBLEDBIZ47QUCPKY6Q.jpg?auth=undefined)
Vigo
A directora do Departamento de Saúde e Medio Ambiente da Organización Mundial da Saúde (OMS), María Purificación Neira González, instou este venres dende a Facultade Ágora da Deputación aos alcaldes e alcaldesas da provincia a crear cidades saudables que prioricen ás persoas, e á cidadanía a escoller a representantes políticos que presenten as mellores planificacións urbanas en beneficio da saúde e a biodiversidade.
Segundo a doutora Neira, o papel de alcaldes e alcaldesas é fundamental á hora de xestionar políticas de mobilidade, transporte público, de planificación urbana e espazos públicos, polo que instou a utilizar argumentos económicos, de saúde, e tamén electorais para que estes aposten por modelos saudables.
“Nós dicimos que os responsables municipais son ministros de saúde aínda que eles ou elas non o saiban, porque teñen nas súas mans a capacidade de crear as condicións que van influenciar dunha forma importante a saúde e benestar das persoas”, subliñou.
Asegurou de forma taxativa que “mellorar as condicións de vida nas cidades, de aparcamento, de transporte, dá votos, crédeme!” e aínda que recoñeceu que ao mellor os primeiros días comerciantes do centro protestan se se quitan os coches, poucos meses despois están totalmente de acordo: “Hai milleiros de experiencias arredor do mundo onde os que protestaron cando se quitou o tráfico meses despois non querían volverían atrás”.