Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

Vimianzo retira de Abanca os fondos do depósito de crédito

Oficina Abanca Vimianzo / Concello Vimianzo

Oficina Abanca Vimianzo

Vimianzo

O goberno de Vimianzo decidiu de xeito unívoco retirar os fondos do depósito de crédito da entidade Abanca e repartirá a cantidade entre o resto das sucursais da zona.

Esta situación é derivada da problemática do peche da oficina de Baíñas, e en verbas da propia alcaldesa, “non sería consecuente seguir contando cos servizos de Abanca logo do abandono desta entidade co noso rural e do resto de Galicia”, afirmou.

A alcaldesa Mónica Rodríguez comunicoulle esta decisión ao resto de grupos da oposición o pasado venres, nunha Xunta de Portavoces, onde recibiu o apoio unánime de todas as forzas que integran a corporación.

“O obxectivo do traspaso dos cartos do Concello de Vimianzo ao resto de entidades é, nin máis nin menos, o resultado dunha total denigración para coa nosa veciñanza. O trato de Abanca cos veciños e veciñas de Baíñas foi absolutamente reprobable, e por iso cremos que a mellor opción é non volver a contar cos seus servizos”, sentenciou Rodríguez.

A rexedora vimiancesa xunto a Jose´Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, participaron nun encontro con outros alcaldes socialistas e o secretario xeral do PSdeG para instar a Feijóo a que "evite a exclusión financieira dos pequenos concellos e que garanta a igualdade dos galegos e galegas".

a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, puxo o acento na dificultade da poboación maior para adaptarse á banca electrónica, sinaladamente en concellos onde o despregue da conexión dixital “non está ao cen por cen”.

Ademais, criticou as restricións horarias na atención bancaria, hábil tan só “para os poucos privilexiados que poden achegarse á oficina de 9 a 11”, nunhas sucursais conxestionadas por atender aos concellos limítrofes que quedaron sen servizo financeiro.

Do mesmo xeito, o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, considerou “o colmo” que no seu concello pechase unha sucursal e que esta situación é a consecuencia “de facer desaparecer” as antiguas caixas galegas para “convertelas nun banco”, afastándose así das necesidades os galegos e galegas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00