Sociedad | Actualidad
Costa da Morte

Os alcaldes de Zas e Vimianzo insisten en entrevistarse con Feijóo para evitar o peche de oficinas de Abanca

Oficina Abanca Zas / concello Zas

Oficina Abanca Zas

Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña reiteran a súa petición dunha entrevista co presidente da Xunta para evitar o peche de oficinas de Abanca no rural, coincidindo co derradeiro día no que se prestarán servizos presenciais nas sucursais destes municipios. O pasado 13 de agosto solicitaron formalmente un encontro con Alberto Núñez Feijóo e, polo momento, non recibiron resposta.

“Cremos imprescindible falar presencialmente co presidente da Xunta para que nos axude e se poña á fronte das reivindicacións”, sinalan os rexedores. “É Alberto Núñez Feijóo a autoridade máxima e, por ende, quen debe atender a petición de defender aos nosos veciños. Ademáis ten unha responsabilidade moral dado o goberno do PP saneou a banca dándolle máis de 7.000 millóns de euros de todos os cidadáns”. Os tres rexedores consideran que o Goberno galego é o único con capacidade para “falar directamente” coa entidade financieira.

Unhas 10.000 persoas tanto destes concellos como doutros limítrofes se verán afectados por este peche, un auténtico “despropósito para o noso rural”, califican Manuel Muíño, Mónica Rodríguez e José Antonio Pereira, que onte entregaron na Coruña 5.500 sinaturas da veciñanza contra esta medida.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00