Sociedad | Actualidad
O Porriño

A alcaldesa agarda manter unha reunión oficial coa nova presidenta de Adif

Eva García, alcaldesa do Porriño, envioulle esta mañá unha carta a María Luísa Domínguez

Imagen de archivo de una reunión de la alcaldesa con ADIF / Concello de O Porriño

Imagen de archivo de una reunión de la alcaldesa con ADIF

Vigo

Eva García, alcaldesa do Porriño, envioulle esta mañá unha carta a María Luísa Domínguez, a nova presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), polo seu recente nomeamento, consecuencia da última remodelación ministerial realizada polo presidente do Goberno.

Na misiva, a rexedora porriñesa maniféstalle "unha alegría especial" polo seu nomeamento porque "é contigo e co teu equipo cos que vimos tratando a eliminación do paso a nivel; e polo interese amosado neste asunto", indica Eva García.

A alcaldesa solicítalle expresamente á nova máxima responsable de Adif "manter unha reunión oficial cando teñas un oco na axenda para aclarar algunhas cuestións, pola posible incidencia dos prazos ou, incluso, a reformulación do proxecto que está a realizar a consultora 'Priointec'".

Dáse a circunstancia de que nas últimas reunións que Eva García mantivo con Adif en Madrid para dinamizar o proxecto de supresión do paso a nivel, María Luísa Domínguez, en condición de directotra de Planificación Estratéxica e Proxectos, foi a interlocutora principal da alcaldesa do Porriño nun clima de excelente cordialidade e colaboración.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00