Sociedad | Actualidad

Satisfacción do Concello polos compromisos da Xunta no IES Pino Manso e no CEIP Fernández López

Garcia de la Torre valorou como "moi necesaria" a obra de mellora da eficiencia enerxética do Instituto de Ensino Secundario 'Pino Manso'

Alcaldesa de O Porriño / Cadena Ser

Alcaldesa de O Porriño

Vigo

A alcaldesa Eva Garcia manifestou "a satisfacción do Concello polos compromisos adquiridos pola Consellería de Educación para arranxar centros de ensino do municipio" que agardo sexa un sinal dun cambio de actitude da Xunta de Galicia cara a Porriño e que esa "atención ás nosas necesidades non remate aquí.

Garcia de la Torre valorou como "moi necesaria" a obra de mellora da eficiencia enerxética do Instituto de Ensino Secundario 'Pino Manso' que presentou onte o conselleiro Roman Rodríguez cun investimento de máis dun millón e medio de euros.

A alcaldesa subliñou tamén o compromiso acadado co César Pérez Ares, o xefe territorial de Educación que acompañou ao conselleiro, para "acometer no Colexio Fernández López a retirada da actual cuberta de uralita que ten amianto e a súa substitución por materiais máis modernos e non nocivo". Nesta obra o Concello "vai colaborar coa remodelación dos teitos da parte das aulas de Infantil, de acordo co proxecto que a Consellería realizou e que nos enviará nos vindeiros días para establecer a nosa colaboración orzamentari".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00