As obras de saneamento de Corzón estarán rematadas a finais de setembro
O proxecto en execución ten un orzamento total de preto de 56.000 euros

Obras de canalización / Concello de O Porriño

Vigo
O Concello do Porriño informa que xa están en execución as obras de saneamento no núcleo de Corzón, na parroquia de Pontellas.
A previsión é que estarán rematadas a finais de setembro, segundo anuncia a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira.
O proxecto en execución ten un orzamento total de preto de 56.000 euros e saíu a licitación no pasado mes de xuño. Trátase dunha obra financiada polo “Plan Concellos 2021” da Deputación Provincial de Pontevedra.