A Ruta das Artes e Oficios pecha a súa edición 2021 con éxito de participación
Unha media de 20 persoas pasou por cada unha das visitas organizadas este verán, polo que a concelleira da área manifesta a súa satisfacción

Ruta das Artes e Oficios de Tomiño / Concello de Tomiño

Vigo
A Ruta das Artes e Oficios organizada polo Concello de Tomiño pechou esta semana a edición 2021 con grande éxito de participación.
A ruta deste verán, que comezou o 29 de xullo pasado no obradoiro do escultor Luis Álvarez, rematou o xoves 26 de agosto, cunha visita guiada a un viveiro do municipio (Viveiros Río Tollo) onde as persoas apuntadas puideron coñecer in situ o proceso de produción das variedades ornamentais máis importantes da empresa, como é a camelia.
Unha media de 20 persoas (máis dun centenar de asistentes en total) pasou por cada unha das visitas organizadas este verán, entre as que tamén estiveron o taller de Diana Oliveira-Ivindi, experta en xoiaría artesanal, e a plantación cítrica local “Cítricos Rías Baixas”.
A concelleira de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez, manifestou a súa satisfacción polo nivel de participación acadado. “Trátase dunha actividade, de balde, que ten coma fin promocionar o noso patrimonio artístico, natural, económico, ambiental...
Enfocada esta vez, máis nos oficios que nas artes, coma en anos anteriores, a ruta permitiu coñecer mellor ás empresas e particulares que traballan no noso concello”, valorou.