Sociedad | Actualidad
O Porriño

Trivium, nova proposta lúdica nas Festas do Cristo do Porriño

Os premios serán para consumir no comercio e na hostalería locais. 300 euros para a parella gañadora; 200 euros para segunda e 100 euros para a terceira

Presentación de Trivium / Concello de O Porriño

Presentación de Trivium

Vigo

"Trivium Porriño" será un xogo xigante similar ao "Trivial" pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Trátase dunha nova proposta de lecer que fai a Concellería que dirixe Cami Moreira, que se desenvolverá durante as Festas do Cristo.

A concelleira explicou que se trata dunha réplica adaptada ao Porriño. “A infografía do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida Pan do Porriño”, sinalou Cami Moreira.

Xogarase durante os días 19, 24 e 25 de setembro (datas de clasificación) e o 2 de outubro será a partida final. En todas as quendas, as partidas serán na Praza do Cristo onde se habilitará un escenario e cadeiras tamén para o público que queira asistir.

Os equipos estarán formados por dúas persoas. Os premios serán para consumir no comercio e na hostalería locais. 300 € para a parella gañadora; 200 € para segunda e 100 € para a terceira.

Competirán 16 parellas que serán elixidas mediante un vídeo pequeno de 30 segundos máximo contando o porque do seu interese en participar no "Trivium" e que deberán subir ás súas redes sociais de Facebook e Instagram etiquetando co cancelo # TriviumPorriño e etiquetar á páxina de Facebook Trivium Porriño ou do perfil de Instagram @ triviumporriño.

A idade mínima para participar é de 16 anos

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00