Actualidad
A Coruña

Falece o dramaturgo Pancho Pillado

Pesar no ámbito cultural galego pola morte do dramaturgo que fundou O Facho e dirixiu Laiovento

Galipedia / Pancho Pillado

Galipedia

A Coruña

O dramaturgo e editor Francisco -Pancho- Pillado Maior, faleceu aos oitenta anos. Moitas entidades do ámbito cultural han mostrado o seu pesar, destacando a importancia da súa figura. Na súa longa traxectoria profesional destaca o seu apoio a grupos de teatro galegos e a fundación de entidades como a Agrupación Cultural O Facho ou a Escola Dramática Galega que presidiu.

Pillado foi director literario de Edicións Laiovento, escribiu obras de teatro, catro ensaios e numerosas traducións de textos dramáticos. Faleceu un home de teatro, investigador e un activista que denunciou, sempre que tivo a oportunidade, o horror da ditadura franquista e as súas consecuencias.

No últimos dez anos foi presidente de honra da Fundación Praza Pública. Entre as súas decisións destaca a doazón que fixo en 1996 da súa Biblioteca- Arquivo de Teatro á Universidade da Coruña. Un ano despois resultou elixido, a proposta do BNG, membro do Consello de Administración da CRTVG,un cargo que ocupou durante dúas lexislaturas.

Entre as entidades que mostraron a súa pesar polo falecemento de Pillado atópanse a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da que era membro, e A Mesa pola Normalización Lingüística. Miguel Anxo Fernán-Lanuxe é un dos nomes que lamentaron a morte de Francisco Pillado. Recuerdaen Twitter que xuntos escribiron "Conversas en Compostela con Carvalho Calero", "A nación incesante e "A estrela na palabra", libros de conversacións con Xosé Manuel Beiras.

O seu amigo Henrique Rabuñal considera que Galicia debe unha homenaxe para Pillado Maior. Afirma nas redes sociais que " poucas persoas coma o entregáronme vos alicerces para seguir. Poucos mestres tan grandiosos".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00