Sociedad | Actualidad
O Porriño

Habilitado no Centro Cívico un punto de tramitación e recollida de acreditacións de vacinación

Non é precisa cita previa e atenden desde as 8:00 ata as 15:00

Punto acreditación vacunación O Porriño / Concello de O Porriño

Punto acreditación vacunación O Porriño

Vigo

Desde esta mércores, no primeiro andar do edificio do Centro Cívico Municipal, está a funcionar un punto de tramitación e recollida de acreditacións de vacinación para a veciñanza de O Porriño.

Trátase dunha colaboración que presta o Concello, a petición da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, que solicitou a cooperación municipal cedendo un local onde establecer esta oficina.

É atendida por persoal contratado polo Sergas). Non é precisa cita previa e atenden desde as 8:00 ata as 15:00. A oficina estará operativa, en principio, ata o martes 31 de agosto.

Os veciños e veciñas do Porriño que acudan a esta oficina deben levar a tarxeta sanitaria e o DNI para solicitar a acreditación de estar vacinados contra a Covid, documento ben impreso, ben en código QR, que se lles esixe actualmente para acceder ao interior dos locais de hostalería. O Porriño permanece desde a semana pasada en nivel de restricións alto e continuará unha semana máis, segundo anunciou onte o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Neste punto de atención no Centro Cívico, ademais de obter o certificado de vacinación, a veciñanza tamén poderá acadar outras prestacións como darse de alta nas aplicacións “Chave 365” e “E-Saúde” que dependen do Sergas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00