Inaugurado o mayor parque canino do sur de Pontevedra
O proxecto convértese nunha iniciativa pioneira na que tamén se quere dar o espazo necesario ás mascotas
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/DA6AKZB6VJOBVEZRXWYTD6VSJA.jpg?auth=32a4c9571f2510fda1307c494df7cae4714193aa69a21fb1344b4c48bce78ea7&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Parque canino / Concello de Gondomar
![Parque canino](https://cadenaser.com/resizer/v2/DA6AKZB6VJOBVEZRXWYTD6VSJA.jpg?auth=32a4c9571f2510fda1307c494df7cae4714193aa69a21fb1344b4c48bce78ea7)
Vigo
O proxecto do parque lúdico canino, redactado polo arquitecto Pedro González Souto, cun prazo de execución de dous meses e un investimento de 84.920 euros, desenvolveuse sobre o solar municipal da Avenida Curros Enríquez onde estaba proxectado o polémico tanque de tormentas da Xunta de Galicia para o municipio.
En total actuouse sobre unha superficie de 3000 metros cuadrados que unha parte importante destinouse ao recinto específico para as mascotas, e o espazo restante a “un parque con tramos diferenciados cun merendero, unha pérgola e unha zona cun circuíto biosaudable”.
O parque canino dotarase de diferentes elementos como aneis de salto, mesas caninas, pasos, ramplas ou corredores para os cans que darán forma a un circuíto “Agility”, modalidade que combina a disciplina e o deporte a través dun percorrido composto por eses elementos que os animais deberán superar acompañados polos seus donos, preparatorio en moitas ocasións para distintas competicións dos animais.
O recinto estará valado para posibilitar que os cans poidan estar soltos no seu interior e tamén dispoñerá, ademais das zonas verdes, dun amplo areal para os animais.
Un parque que, tal e como explicou o rexedor, “terá unha orientación pedagóxica para que todo o que teña un animal saiba como actuar con el” para o que se estuda a posibilidade de impartir cursos gratuítos de adestramento con especialistas.
O alcalde subliñou a importancia e o ambicioso do proxecto porque está pensado para todos e todas, polo que tamén se contempla a construción dun roteiro biosaudable que estará dividida en tres subzonas, unha adaptada, outra para dúas persoas e, finalmente, unha que dará cabida a sete usuarios simultaneamente.
Complétase esta superficie cunha unha zona destinada ao descanso e esparexemento dos viandantes, na que se instalaron mesa tipo merendero, unha pérgola e mobiliario urbano adaptado ao proxecto como bancos e papeleiras ao longo de todo o percorrido no que se instalarán catro fontes e a correspondente iluminación.