Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Actualidad
Drogodependencias

O Concello de Lugo contra as adicións

O plan antidrogas local contempla, por primeira vez, a adición ás redes sociais e a nomofobia

Lara Méndez e Mauricio Repetto na pista de baloncesto de Río Mandeo / Concello de Lugo

Lara Méndez e Mauricio Repetto na pista de baloncesto de Río Mandeo

Lugo

O Concello de Lugo quere atallar de raíz os problemas coas adiccións da xuventude lucense. O concelleiro de xuventude, Mauricio Repetto, explicou nos micrófonos de Radio Lugo SER, que co IV Plan de Drogodependencia pretenden "organizar todos os servizos asistenciais dos que dispón a Administración local no eido educativo, social, sanitario, formativo e informativo para tratar e, sobre todo, prever as adiccións".

Por primeira vez, este plan recolle a adicción ás redes sociais coma un problema a solventar. Repetto destaca o aumento da nomofobia entre a xuventude. Unha conducta todavia non considerada coma trastorno, pero que produce unha dependencia absoluta do teléfono que remata xerando serios problemas de autoestima e de relación social.

Ámbitos de actuación

Este Plan focalizará todos os seus esforzos en tres ámbitos de actuación: A escola, a famlia e a comunidade.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

00:00:0000:00
  • O ámbito da escola. Traballarase formando ao alumnado na toma de decisións responsables, impulsando os centros educativos como espazos libres de drogas, presentando materiais e propostas educativas e orientando aos titores para saber actuar ante posibles situacións de consumo. Para o que se artellaron plans de acción conxunta co profesorado, se organizaron concursos educativos, creativos, que fomentaran valores e estilos de vida saudables nos que tamén se implicou ás nais e pais, con talleres de reflexión, outros monográficos sobre substancias así como a edición de folletos informativos e de material audiovisual para expoñer na aula.
  • O ámbito da familia: Apostarase por sensibilizar e informar sobre pautas educativas en relación coas drogas e como intervir cando detecten algún consumo problemático, así como derivar situacións máis complexas e fomentar un ocio san familiar e marital. A este respecto se habilitaron espazos nos que se desenvolveron charlas, unha escola de nais e pais, se prestou atención individualizada e se procedeu á elaboración de publicacións e á organización de mesas redondas, xornadas e congresos chegando a realizarse, no seu momento, sesións conxuntas para clarificar e resolver problemas mediante técnicas cognitivas, sistémicas e condutuais nas que traballar as emocións, a motivación e as habilidades comunicativas entre proxenitores e fillos.
  • O ámbito da Comunidade: As estratexias empregadas neste caso oriéntanse a minimizar os danos provocados na vía pública a causa da inxesta de alcohol, controlar as condicións dos locais nocturnos, concienciar sobre o risco que entraña o consumo de drogas e ofertar un ocio inclusivo, aumentando a programación de actividades no tempo libre para a rapazada de entre 12 e 17 anos e até os 35. Para levalas a cabo o Concello contou coa subvención do Plan Nacional sobre Drogas ao abeiro do que se puxeron en marcha, entre outras, as actividades do +Xti!

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir