Musica | Ocio y cultura
Carlos Núñez

Carlos Núñez fará triplete en Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece unha terceira oportunidade o día 7 de agosto ás 11:00 horas para todos aqueles que se quedaran sen entradas

Carlos Núñez en una actuación en Monteferro / Concello de Nigrán

Carlos Núñez en una actuación en Monteferro

Vigo

O Concello de Nigrán ofrece unha terceira oportunidade o día 7 de agosto ás 11:00 horas para todos aqueles que se quedaran sen entradas para ver a Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro o 6 e 7 de agosto ás 20:00 horas, citas nas que se esgotaron en tempo record. O gaiteiro internacional, que debutou o ano pasado neste marabilloso escenario natural tamén con 'sold out' en sendas citas de ‘Lugares Máxicos’, ofrece agora estas tres actuacións en dous días que se encadran na xira conmemorativa do 25 aniversario de ‘A irmandade das estrelas. As entradas deste concerto matinal están xa á venda a través de ATAQUILLA cun custe de 20 euros + gastos de xestión, sendo un aforo reducido por mor das circunstancias sanitarias.

"Tripite por aclamación popular porque as entradas voan en cada anuncio que facemos, agora con esta matinal daremos resposta novamente aos que quedaron coas ganas de ir e, de seguro, a moito público de carácter máis familiar. Carlos Núñez e o miradoiro de Monteferro forman unha simbiose insuperable, é unha sorte contar co mellor gaiteiro do mundo no que consideramos o mellor escenario do mundo para conmemorar un disco que mudou a Historia da nosa música", incide o alcalde, Juan González.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00