Primeiro día de atención á veciñanza sobre a actualización das parcelas
O punto de información situouse no propio salón de plenos. Funcionará de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas

Espacio informativo a vecinos por la recalificación catastral de parcelas / Concello de O Porriño

Vigo
Desde este luns está a funcionar o espazo de información á veciñanza para aclarar dúbidas é consultas sobre a actualización da calificación das parcelas, realizada pola Xerencia Territorial do Catastro en aplicación da lexislación vixente.
O punto de información situouse no propio salón de plenos. Funcionará de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.
Para ser atendido hai que solicitar cita previa chamando por teléfono ao número 986 335000 marcando a extensión número 7 (Alcaldía). Tamén pódese pedir cita previa a través da App “Bandomóbil, O Porriño Informa”.
Cada quenda de atención é por 15 minutos por persoa. A previsión é que este servizo funcione tres semanas que serían prorrogables, no caso de ser necesario.
A alcaldesa Eva García interesouse polo funcionamento do punto de información que é produto dunha xestión da propia rexedora coa Xerencia Territorial do Catastro e co Organismo de Recadación da Administración Local (ORAL).
Hai que ter en conta que nada menos que 17.400 parcelas (dende a última revisión de valores que data de 1985) pasan a ter consideración de chan urbano e polo tanto pasan do padrón de rústico ao de urbana. Esta revisión tamén terá como referencia os valores catastrais de 1985 aos efectos dos recibos do IBI.