Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Máis de 50 peregrinos aloxáronse no Albergue do Porriño na primeira quincena deste mes

A súa orixe maioritaria é nacional e procedían primeiramente de Madrid, Valencia e Murcia

Albergue de O Porriño / Concello de O Porriño

Albergue de O Porriño

Vigo

Un total de 57 peregrinos aloxáronse no Albergue do Porriño desde que o pasado día 1 reabriu as súas instalacións, segundo informou a Concellería de Turismo con datos da primeira quincena deste mes. A súa orixe maioritaria é nacional e procedían primeiramente de Madrid, Valencia e Murcia. Tamén rexistrouse afluencia de peregrinos estranxeiros con predominio de portugueses, británicos e de diversos países asiáticos.

A pesares de que o Albergue do Porriño ten un total de 40 prazas tan só poden ocuparse diariamente 9, a causa das restricións decididas pola Xunta de Galicia.

David Alonso, concelleiro responsable de Turismo manifestou a súa satisfacción polos resultados que están a acadarse co punto de información turística que o Concello instalou no Albergue e que atende a técnica Belén Freire que se encarga de informar aos peregrinos e visitantes sobre monumentos, paisaxes, oferta gastronómica e de tempo libre no Porriño.

Esta axente turística atende a diario, de luns a venres, en horario de 9 da mañá a 3 da tarde.

Os concelleiros do goberno municipal Sergio Casal, David Alonso e Cami Moreira recibirán mañá venres, ao redor das 13 horas, no salón de plenos do Concello aos peregrinos que portan a "Mochila da Luz" en homenaxe ás vítimas da Covid.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir