O Entroido volve este sábado a Gondomar
O Entroido de Verán virá acompañado polo grupo Sarao Animación que durante toda a tarde animará as rúas coa súa "Fantasía de circo"
Vigo
O sábado 17 de xullo a partir das 17.30 horas darase pistoletazo de saída á que será a I Edición do Entroido de Verán de Gondomar, á que se convida á cidadanía pero tamén a todos e todas os que estean interesados en visitar o municipio para sumarse a esta festa coas súas mellores galas carvaleras para rir e pasar un bo intre.
O Entroido de Verán virá acompañado polo grupo Sarao Animación que durante toda a tarde animará as rúas coa súa “Fantasía de circo” na que 10 personaxes fantásticos e relacionados coa vida circense animarán as rúas do centro de Gondomar co seu carro musical, desde o que convidarán a bailar a grandes e pequenos, aos que se propoñerán xogos para que se somen a eles durante toda a tarde.