O Concello resolve unha segunda quenda de axudas covid para hostelería, comercio e autónomos
En breve haberá unha terceira quenda de concesión de axudas para atender outras solicitudes

Concello de O Porriño / porriño.org

Vigo
O Concello do Porriño informa da resolución dunha segunda quenda de axudas económicas directas pola Covid, que atenden a 27 solicitantes entre establecementos da hostalería, comercio, micro empresas e autónomos do municipio.
O importe das achegas municipais desta segunda quenda é de 35.647 euros. De esa cantidade total, 23.726 € son para peticionarios de axudas por peche total da súa actividade, namentres que os 11.741 € restantes son para atender solicitudes por cese parcial da actividade.
Este lote de axudas únese ao primeiro que supuxo achegas por un valor de 60.926 euros. O destino destas axudas, segundo as solicitudes presentadas, é para pagar alugueres, hipotecas, seguros, mercadorías, subministracións e gastos xerais.
Ata o momento dispuxéronse de 96.393 euros con cargo a fondo total de 140.000 euros que acordou o pleno da Corporación Municipal do Porriño, mediante recursos propios do Concello, a través dunha modificación de crédito, e coa achega concedida pola Deputación de Pontevedra.
En breve haberá unha terceira quenda de concesión de axudas para atender outras solicitudes que aínda deben completar documentación requirida e que serán revisadas polo tribunal de avaliación.