Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad | Actualidad
O Porriño

Presentado o sello "Pan do Porriño"

Foi presentado pola Asociación de Panadeiros

Pan do Porriño / Concello de O Porriño

Pan do Porriño

Vigo

Nun sinxelo acto celebrado este mediodía no salón de plenos, a Asociación de Panadeiros presentou ao Concello, o rexistro "Pan do Porriño"; outorgado pola Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. David Alonso, concelleiro de Promoción Económica e Turismo; e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festas, en representación do Concello, recibiron un exemplar do título acreditativo da marca "Pan do Porriño"que lucirá a partir de hoxe nas oito panaderías que promoveron esta marca e adheríronse ao selo.

Cinco dos oito panadeiros acudiron hoxe a presentar o rexistro e agradecer ao Concello o seu apoio a "unha reivindicación que levou moitos anos de traballo e xestións ata acadar este recoñecemento", segundo explicou José Manuel Fernández, presidente da Asociación e propietario de "Forno de Mosende" Na mesma liña, reivindicando a necesidade de recuperar a Festa do Pan e de atopar  outros instrumentos de promoción nacional e internacional do Pan do Porriño.

Pola súa banda a concelleira de Cultura e Festas expresou a súa satisfacción por "este empoderamento do Pan do Porriño por que é moi importante que se ligue a identidade da bola do pan co Porriño e con todas as actividades culturais e festivas que fagamos". David Alonso manifestou que "benvido sexa este recoñecemento dunha tradición histórica". O concelleiro de Promoción Económica subliñou que as oito panaderías que integran a Asociación e lucirán o selo "xeran case cen postos de traballo no pobo o que supón unha fonte de ingresos para moitas familias".

Tanto Cami Moreira como David Alonso comprometéronse coa Asociación a manter reunións nos vindeiros días para reanudar neste ano a celebración da Festa do Pan (probablemente en outubro) e lanzar outras iniciativas de promoción e coñecemento do "Pan do Porriño".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir