Reapertura do Albergue de Peregrinos
O Albergue pertencente á rede pública da Xunta de Galicia

Albergue O Porriño / Concello de O Porriño

Vigo
O Albergue do Porriño, pertencente á rede pública da Xunta de Galicia, reabriu este mediodía, cunha notable afluencia de peregrinos, e coa estrea do punto de información turística promovido polo Concello do Porriño.
O Concello dotou ao albergue, desde este xoves, dunha axente turística, Belén Freire que se encarga de atender e informar aos peregrinos e visitantes sobre monumentos, paisaxes, oferta gastronómica e de tempo libre no Porriño.
Esta técnica atenderá a diario, de luns a venres, en horario de 9 da mañá a 3 da tarde, segundo informou o concelleiro de Turismo, David Alonso.