Más deportes | Deportes
FÚTBOL

Zulema González seguirá por cuarto ano consecutivo nas prazas internacionais da arbitraxe

A proposta do Comité Técnico de Árbitros da RFEF á FIFA para ocupar as prazas internacionais no ano 2022 mantén por cuarto ano consecutivo a Zulema González González

A colexiada ourensá, Zulema González seguirá nas prazas internacionais / RFGF

A colexiada ourensá, Zulema González seguirá nas prazas internacionais

Ourense

O Comité Técnico de Árbitos da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) publicou a composición da categoría de 1ª División Femenina para a campaña 2021-2022 sen novidades con respecto ó curso pasado.

As colexiadas galegas Zulema González González, Elena Casal Fernández, Beatriz Cuesta Arribas e Eugenia Gil Soriano, ademais das árbitras asistentes Tania Fente Pena, Lorena Novás Benavides e Iria Rosendo González repiten unha tempada máis na máxima categoría da arbitraxe feminina.

A árbitra Beatriz Torres Corral (Santiago) e a árbitra asistente Iris Romero Cancelas (Pontevedra) non puideron acadar o salto de categoría á 1ª División no Programa de Talentos e Mentores para o fútbol feminino.

Outras das boas novas é que a proposta do Comité de Árbitros da RFEF á FIFA para ocupar as prazas internacionais no ano 2022 mantén por cuarto ano consecutivo a Zulema González González.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00