O Concello vende os 23 vehículos municipais en desuso
Entre as curiosidades que deparou o resultado da poxa subliñar que o prezo máis alto foi de 1.550 euros ofertados polo vehículo "Ssangyong Action"

Vehículos en Torneiros / Concello de O Porriño

Vigo
O Concello do Porriño vendeu os 23 vehículos municipais en desuso que permanecían almacenados no recinto do Multiusos de Torneiros desde outubro de 2019, cando se renovou o parque móbil municipal. A pesares de que os vehículos tiñan prezos de saída de saldo (entre 50 e 100 euros) finalmente as ofertas elevaron o prezo de venda. O monto total da venda dos 23 vehículos acadou 8.697 euros.
Este luns, presidida pola alcaldesa Eva Garcia, a mesa de valoración celebrou a sesión pública de apertura de plicas da poxa, que era a segunda que se convocaba polo Concello para a venda destes vehículos.
Entre as curiosidades que deparou o resultado da poxa subliñar que o prezo máis alto foi de 1.550 euros ofertados polo vehículo “Ssangyong Action” con 160.000 quilómetros e que na anterior poxa tiña un prezo de saída de 5.800 euros. Pola contra, unha berlina “Volvo S80” que fora o coche oficial da Alcaldía na época de Xosé Manuel Barros, vendeuse en 536 euros.