Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Gondomar recibe e promociona o seu verán a ritmo do musical "Grease"

Ao longo do videoclip os protagonistas percorren distintas localizacións de Gondomar

Imagen del vídeo grabado en Gondomar / Concello de Gondormar

Imagen del vídeo grabado en Gondomar

Vigo

“Recuperamos practicamente a normalidade neste verán no que queremos agradecer a nosa veciñanza os esforzos realizados durante estes dous últimos anos de restricións”, afirma o alcalde Paco Ferreira quen engade “que quixemos preparar un programa no que teñan cabida todos e todas, grandes e pequenos, con deporte, teatro, cinema, música e outro tipo de actividades”.

Unha programación que se irá descubrindo nos próximos días, pero que como xa vén sendo habitual no actual goberno ten o seu punto álxido no videoclip presentación, que este ano elixiu o conocidísimo tema “Summer nights” do clásico “Grease” para facer unha versión propia na que Gondomar e as súa xente convértense nos protagonistas. O edil de Cultura, Juan Bas, agradeceu a implicación de “cada unha das persoas que participou nel durante este mes de traballo que nos levou facelo realidade”.

Ao longo do videoclip os protagonistas percorren distintas localizacións de Gondomar á vez que preguntan -como no clásico de Grease- “conta máis, conta máis” para saber como organizar a súa axenda durante o verán e non perderse nada do que se programará en Gondomar.

O edil lembra que “un ano máis buscamos unha programación na que podamos chegar a todo o público, independentemente da súa idade: maiores, novos, cativada ou familias completas. Buscamos achegar a cultura a todos, nun paso máis de apoio a outro dos sectores seriamente danados pola pandemia”.

Máis dunha 30 de actividades están programas e daranse a coñecer nos próximos días e non faltarán o ciclo de “Cinema na rúa”, teatro, danza, concertos, festas patronais, ás que se suman actividades deportivas para os máis pequenos, campamentos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir