Deportes
BALONCESTO

O alcalde de Ourense agarda que non se deixe escapar a oportunidade salvar o COB con capital privado

O grupo Hereda farase cargo da débeda e dos gastos e partir desde momento, cunha intención clara. subir o equipo á ACB

O alcalde de Ourense agarda que non se deixe escapar a oportunidade salvar o COB con capital privado / COB-Carlos Domarco

Ourense

O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, agarda que ´´ non se deixe pasar , escapar a opción´´ de salvar o Club Ourense Baloncesto e entende que ´´ estamos ante unha oportunidade histórica : conseguir que diñeiro privado, xestión e enrxía profesional entren no accionaríao do COB e catapulten deportivamente o club´´.

Para o rexedor ourensán o interese amosado polo Grupo Hereda ´´é o soño de calquera club deportivo profesional que vacas fracas. que unha gran empresa ou potentado tome as rendas e inxecte diñeiro privado no club´´, engade Pérez Jácome.

Foi o propio alcalde quen viu a opción de contactar e convencer a Pedro Fernández, do Grupo Hereda,para que apostase polo Club Ourense Baloncesto. Ante a ocasión, manifesta Gonzalo Jácome, ´´ non o dubidei, e por iso desde vai meses tivemos diversas reunións respecto a esta posibilidade´´.

Os termos de acordo son claros: o grupo faise cargo da débeda e dos gastos, e partir deste momento, cunha intención clara: subir o equipo á ACB.

Para o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ´´ o deporte competitiva só permite ser competitivo con capital privado´´, de modo que ´´ Concello e Deputación deben botarse a un lado para que o club de baloncesto consiga dúas cousas: que economicamente deixe de ser un saco sen fondo, e que volva ter opcións de éxitos deportivos no futuro´´.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00