Interceptado en Cee un furtivo con más de 30 quilos de marisco
O infractor foi sorprendido no peirao de Brens

Produto incautado / Xunta de Galicia

A Garda Civil e o Servizo de Gardacostas da Xunta comisaron más de 30 quilos de marisco extraídos de xeito irregular nas proximidades no peirao de Cee. Os axentes detectaran ao mergullador cerca do espigón e agardaron a que abandoara o peirao no seu vehículo.
O infractor carecía de permiso, utilizaba medios prohibidos e ademais o facía utilizando medios prohibidos coma o mergullo con botella de osíxeno, infrinxindo así varios artigos da Lei de Pesca. Os axentes puideron comprobar que o furtivo levaba 25 quilos de ameixa e sete de berberecho. O marisco foi requisado e sementado de novo na zona de onde fora extraído. Os axentes procederon á incautación do material empregado, entre o que estaba unha bombona de osíxeno, gafas, aletas, un cinto con chumbos, un saco con rede, luvas e un chaleco.