Falece unha muller na praia dos Muíños, en Muxía
As asistencias non puideron facer nada por salvarlle a vida.
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/BMJGXT2SKFNBVOAPU7CFFFK7BE.jpg?auth=28925d4f86338b50470bd853e15e89e79dd93737cd6f8cf6001e44b38a204477&quality=70&width=650&height=271&smart=true)
Praias de Muxía / Google maps
![Praias de Muxía](https://cadenaser.com/resizer/v2/BMJGXT2SKFNBVOAPU7CFFFK7BE.jpg?auth=28925d4f86338b50470bd853e15e89e79dd93737cd6f8cf6001e44b38a204477)
Unha muller perdeu a vida esta mañá na praia muxiá dos Muíños. Segundo as primeiras informacións, a muller atopábase no mar cando sufriu unha indisposición. Pese a recibir auxilio por parte dalgúns bañistas, os servizos de rescate non puideron facer nada por salvarlle a vida. O 112 mobilizou a un helicóptero que chegou a aterrar no areal.
A mañá está a resultar convulsa na Vila da Barca. Esta mañá, un microbús da empresa Autos Comparado sufriu unha saída de vía en San Martiño de Ozón, na AC-440. O accidente saldouse con tres feridos leves. Os pasaxeiros, once en total, pertencían a unha excursión que partira dende Santiago de Compostela.