Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A alcaldesa participa na presentación do libro "Trazar la mirada, Cuaderno de Viaje de A. Palacios"

O acto vai ter lugar na sede do Círculo, en Madrid, un edificio de seis plantas na rúa Alcalá que é un deseño do propio Palacios

Portada libro / Concello de O Porriño

Portada libro

Vigo

Eva Garcia de la Torre participará mañá xoves en Madrid, no Círculo de Belas Artes, na presentación do libro "Trazar la mirada, Cuaderno de Viaje de Antonio Palacios" do que é autor o arquitecto Alvaro Bonet.

O acto vai ter lugar ás 19 horas, na sede do Círculo, un edificio de seis plantas na rúa Alcalá que é un deseño do propio Palacios. O presidente da entidade anfitrioa, Juan Miguel Hernández de León, abrirá o acto e presentará á alcaldesa de Porriño.

A obra é editada pola firma "Engaiolarte" que xa publicara anteriormente "Unha viaxe por Galicia" de Xosé Ramón Iglesias, por iniciativa do Concello do Porriño, despois de que a alcaldesa acadase a cesión dun fondo documental con debuxos orixinais de Antonio Palacios conservados en 11 cadernos e outro material de traballo do arquitecto porriñés.

Agora Alvaro Bonet, seguindo o traballo comezado polo profesor Moncho Iglesias, inclúe en "Trazar la mirada, Cuaderno de Viaje de Antonio Palacios" máis de 250 imaxes de paisaxes, monumentos e tipos humanos que permiten comprender mellor a dimensión artística do arquitecto porriñés.

Na súa intervención, a alcaldesa lembrará que O Porriño está a celebrar o "Ano Antonio Palacios" cunha serie de actos programados ata outubro.

Actualmente e con moitísima aceptación, realízanse as visitas guiadas teatralizadas, con actores e acompañamento musical, que instrúen aos visitantes sobre a traxectoria e personalidade do arquitecto a través dun roteiro polas obras de Palacios na súa vila natal.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir