Carballo, capital da arte urbana grazas ao Rexenera Fest
Franco Fasoli, Lahe178, Marta Lapeña, Van Vúu, Harsa e Møu encheran de saúde e cor o concello

Un dos artistas do Rexenera Fest pintando o seu mural / RexeneraFest

A Coruña
Ata o vindeiro 13 de xuño Carballo acolle unha nova edición, e van sete, do Rexenera Fest, un festival que trata de reunir os mellores artistas da escena galega, nacional e internacional para facer da vila un museo público no que xa se contan máis de 100 murais. Carballo convidou a Grupo Radio Coruña, da Cadena SER, a ver de preto o que alí acontece e dende alí se fixo unha edición especial do A Vivir las Rías.
Compromiso coa cultura
Xose Regueira, concelleiro de promoción económica e turismo destaca o compromiso do concello neste eido: "somos unha vila dinámica, con iniciativa, con moito tecido asociativo traballando ao redor da cultura e co concello apoiando todo o que pode".
Carballo no mapa
"O departamento de turismo conta cunha programación absolutamente vangardista (Carballo Interplay, Rexenera Fest, FIOT... ) e de moita calidade e facemos da identidade económica do Concello unha identidade cultural, porque a cultura pode ser un valor económico e axudar a comercios, a hostalería, etc", recoñece Regueira. Nese departamento de turismo traballa Maite Parga, a responsable do evento recalcou no A Vivir Las Rías que "a maxia que teñen este tipo de festivais é disfrutar o día a día da creación artística, ir describurindo cada vez que pasas a transformación do espazo é moi gratificante é interesante".
Actividades paralelas
O festival ofrece, ademáis de poder desfrutar da pegada dos muralistas e as súas intervencións nos diferentes edificios, a posibilidade de falar con eles en directo mentras pintan e un bo número de actividades paralelas para todos os públicos.
Os artistas
6 son os convidados neste 2021, arxentino Franco Fasoli, figura histórica esencial no panorama latinoamericano e europeo. Nas súas obra fála das contradiccións das sociedades actuais e da constante loita entre dominantes e dominados.
Outra figura esencial da escena da arte urbana estatal, a sevillana Ana Langeheldt, tamén coñecida como Lahe178 no ámbito do graffiti, eido onde comezou e se labrou un importante nome a finais dos anos 90 e comezos dos 2000. O seu expresivo e versátil estilo atopa a inspiración entre o folclore e a modernidade e profundiza en temá-ticas sobre cuestións vitalistas a través de composicións oníricas e vibrantes, en ocasións salpi-cadas duncerteiro e intencionado barroquismo formal.
A representación galega ven a cargo do ordense Møu, fundador xunto a Sokram do estudio Mu-tante Creativo; muralista, deseñador e co-director de festivais de arte urbana como DesOrdes Creativas, Compostela Contemporánea, Cromático ou o mesmoRexenera, ademáis da súa faceta musical como Mc e productor musical do popular grupo de rap galego Dios ke te Crew.
As súas obras reflexionan sobre a fraxilidade do equilibrio no crecemento colectivo e individual, entre a presunta tradición e o suposto progreso.
A zaragozana Harsa, é outra das artistas máis activas da escea estatal, movéndose con comodidade entre distintos eidos como o editorial, o publicitario, o galerísticoou o circuito de festivais de arte urbana. A súa obra está vencellada directamente coa ilustración contemporánea, caracterízandose por unha destacada riqueza cromática e unha sofis-ticada síntese a través de formas planas.
O artista catalán Iván Floro, tamén coñecido como Van Vúu é un dos principais representantes dunha nova e destacada xeración de muralistas contemporáneos, vencellados entre si cun estilo e formación pictórica máis clásica que as xeracións anteriores. Seriedade, ironía, certo frikismoxeracional e certa nostálxica rebeldía mestúranse para plasmar lembranzas da infancia ouimaxes do presente tintadas de referencias á contracultura actual.
A madrileña Marta Lapeña é outra das artistas desta nova xeración de muralistas nados nos 90 pero cunha formación pictórica máis clásica. A súa carreiramóvese entre galerías, feiras de arte e festivais de arte urbana e a súa obra caracterízase por unha pincelada solta e expresiva, coa que trata temáticas moi ligadas ao territorio no que intervén e nas que o compoñente social e cultural son cruciasnassúas narrativas.