PP e PSOE presentarán unha moción de censura en Santa Comba
CxG négase a rotar na alcaldía e os socialistas rachan o pacto de goberno

Concello de Santa Comba / Google maps

A Coruña
Partido Popular e PSOE de Santa Comba veñen de presentar esta mañán unha moción de censura contra o alcalde e único concelleiro de CxG, David Barbeira. O pleno para debatir a moción será dentro de 15 e del sairá alcaldesa a número 1 da lista do PP María José Pose.
Logo das últimas elecións municipais, PSOE e CxG chegaran a un acordo mediante o que rotarían á fronte da alcaldía. David Barbeira sería alcalde os dous primeiros anos da lexislatura, cedendo o posto ao socialista José Antonio Ucha os dous últimos. Chegados ao ecuador do mandato, o actual alcalde négase a ceder o bastón de mando, provocando a ruptura do pacto de goberno. A reacción non se fixo agardar e os seis concelleiros do PP, xunto cos socialistas José Antonio Ucha e Cristina Fajín, asinaron unha moción de censura que vai convertir en alcaldesa á líder do PP. A moción de censura contará co apoio de 8 dos 13 concelleiros que forman a corporación, inda que dous dos 13 están afectados pola lei antitransfuguismo.
María José Pose retorna á unha alcaldía que xa ocupou na pasada lexislatura. Naquela ocasión fíxoo tras outra moción de censura na que desparazou da alcaldía ao socialista José Antonio Ucha, curiosamente o seu principal apoio para recuperar o bastón de mando. Pose foi a candidata que conseguiu máis votos nas últimas eleccións, acadando seis concelleiros, por cinco do PSOE.