Sociedad | Actualidad
As Neves

O Concello das Neves volve a ter un axente de Policía Local

Será o único axente da Policía Local, o primeiro que ten o concello en dous anos e o segundo en toda a súa historia

O novo axente recibiu a benvida do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen estivo acompañado do segundo tenente de alcalde, Óscar González.  / As Neves

O novo axente recibiu a benvida do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen estivo acompañado do segundo tenente de alcalde, Óscar González. 

Vigo

Borja Cachaldora é o novo axente da Policía Municipal de As Neves. Incorporarase o vindeiro 10 de xullo, estará en prácticas ata o 5 de setembro e, de novo, do 23 de decembro ao 31 de xaneiro de 2022, ata a súa toma de posesión oficial o 1 de febreiro.

O novo axente, de 28 anos de idade, completará os seis meses de adestramento regulamentario, a metade deles nas Neves e os outros tres na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada. Neste tempo recibirá formación en materia xurídica, operativa, asistencial, de tráfico, administrativa, técnica, social, xudicial ou de investigación.

Borja será o único axente da Policía Local, o primeiro que ten o concello en dous anos e o segundo en toda a súa historia. O seu antecesor, Fernando Fernández, estivo no seu posto preto de tres décadas, ata a súa xubilación en 2019.

A funcións do novo policía abranguerán dende a xestión de tráfico, realización de notificacións e elaboración de informes ata a coordenación coa Garda Civil e os Servizos de Emerxencias, entre outras. Fará o seu traballo nun territorio de 66 quilómetros cadrados, formado por 13 parroquias nas que viven preto de 3.900 veciñas e veciños.

O novo axente recibiu a benvida do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen estivo acompañado do segundo tenente de alcalde, Óscar González.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00