Arranca un Curso Formativo para mulleres desempregadas de Baiona
No curso están participando mulleres desempregadas que teñen interese en formarse para traballar en tendas,comercios, supermercados e grandes superficies comerciais
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/AVYSCKSAEJL4HPOICMTMJ323XQ.jpg?auth=e3a85130133a528c20898c40830b328527ff07122ca698dfcb35c242ce87e7eb&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Curso en Baiona / Concello de Baiona
![Curso en Baiona](https://cadenaser.com/resizer/v2/AVYSCKSAEJL4HPOICMTMJ323XQ.jpg?auth=e3a85130133a528c20898c40830b328527ff07122ca698dfcb35c242ce87e7eb)
Vigo
Comenza no centro multiusos Ángel Bedriñana a acción formativa “Actividades Auxiliares de Comercio” organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona.
Máis de dúas docenas de mulleres desempregadas participan neste curso que conta cun total de 210 horas e, co fin de promover un achegamento práctico ao mercado laboral, inclúe 40 horas de prácticas.
Desenvólverase de forma presencial en grupos a través dun itinerario integrado e personalizado, con accións de apoio e acompañamento ao proceso de inserción laboral.
Esta formación busca proporcionar a persoas en busca de emprego os coñecementos e as habilidades necesarias para realizar o traballo no sector do comercio e impulsar a súa inserción laboral. Entre as competencias xerais que adquirirán as persoas asistentes están as operacións auxiliares de punto de venda, preparación de pedidos, manipulación e movementos con transpalés e carretillas de man (inclúe carné de carretillero/a), atención ao cliente e calidade do servizo, operacións de caixa en venda, prevención de riscos laborais, inglés básico para comercio e procura activa de emprego.
No curso están participando mulleres desempregadas que teñen interese en formarse para traballar en tendas,comercios, supermercados e grandes superficies comerciais.
O curso formativo “Auxiliar de Comercio” proporciona ás persoas beneficiarias unha completa formación que combina a práctica e a teoría. Esta actividade realízase como parte do proxecto “Emprégate desde a Igualdade” e está pensada para mellorar a empregabilidade das persoas , facilitando a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral, mediante formación de capacitación técnica e práctica en empresa, e Itinerarios Individualizados de Inserción, que engaden á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral.
A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, puxo en marcha non mes de novembro o programa “Emprégate desde a I gualdade. Esta iniciativa, promovida de forma conxunta co Instituto das Mulleres e para a Igualdade de Oportunidades, busca incrementar a empregabilidad das mulleres mellorando as súas expectativas e a súa calidade de vida.