Manuel Baltar ratifica o compromiso da Deputación co Club Ourense Baloncesto
Manuel Baltar, expresou a Camilo Álvarez o compromiso inquebrantable da Deputación co COB

Manuel Baltar ratifica o compromiso da Deputación co Club Ourense Baloncesto / Deputación Provincial de Ourense

Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo provincial ao presidente do Club Ourense Baloncesto, Camilo Álvarez, con que analizou a situación actual do equipo tralos resultados deportivos da tempada que acaba de rematar, así como as espectativas que neste momento existen polo que respecta á categoría na que militará o COB na próxima competición.
Manuel Baltar expresou a Camilo Álvarez o ´´ compromiso inquebrantable da Deputación co club, non só na nosa condición de accionistas, senón tamén polo seu labor como embaixadores deportivos de Ourense por toda España´´. Nesta liña enagadiu que a institución provincial ´´ seguirá a dar o seu apoio ao club para que o primeiro equipo desenvolva a súa actividade´´, sen deixar de destacar ´´o traballo de canteira que se está a facer coas escolas de baloncesto, nun proxecto deportivo que ten que ser o espello onde se miren as xogadoras e os xogadores máis novos da provincia´´.