Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Carballo

Detidos seis veciños de Carballo por venda de droga no municipio

Tras o seu pase a disposición xudicial, tres ingresaron en prisión e outros tres quedaron en liberdade con cargos

Operativo da Garda Civil contra o tráfico de drogas en Carballo / Garda Civil

Operativo da Garda Civil contra o tráfico de drogas en Carballo

A Garda Civil de Carballo, en colaboración coa Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC), a Sección de Intervención Rápida (SIR) e o Servizo Cinológico da Comandancia da Garda Civil da Coruña detivo a seis veciños da localidade como presuntos autores dun delito contra a saúde pública na denominada 'Operación Badén 1'.

Segundo informa a Benemérita, esta operación iniciouse ao localizar os efectivos do mencionado equipo un posible punto de venda de substancias estupefacientes nunha barriada da localidade de Carballo.

En concreto, detectouse presuntas actividades ilícitas en dous domicilios da zona, solicitándolle á autoridade xudicial unha orde de entrada e rexistro nos mesmos. Este xoves levárona a cabo, localizando no primeiro domicilio un machete, seis dose de haxix embolsadas e listas para a súa distribución.

No segundo, atopouse un machete, varias navallas e machadas, dúas básculas de precisión, seis tarros de cristal contendo cogollos de marihuana, un total de 3.620 gramos e 10.408 euros en moeda fraccionada.

Posteriormente detívose tres homes e tres mulleres como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos atopados. Tras o seu pase a disposición xudicial, decretouse o ingreso en prisión de tres deles e a posta en liberdade con cargos doutros tres.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00