Entradas entre os 28 e 7 euros, así é a campaña do CB Breogán para os PlayOff
A venda abrirase a todo o público, pero dando preferencia ós aboados

Pazo Universitario dos Deportes nun encontro do Río Breogán / RADIO LUGO

Lugo
Chega a etapa "maís ilusonante" para o CB Breogán, así o recoñecía en rolda de prensa Tito Díaz, o Director Xeral da entidade. Os celestes cumpren, a medias, o primeiro dos obxectivos da tempada: Xogar os PlayOff na loita polo ascenso á ACB, pero en segunda posición. Para sentir a calor do público "no momento máis importante da liga", o Breogán lanza unha nova campaña.
Co aforo en 1500 afeccionados, o equipo quere que o Pazo Universitario dos Deportes sexa un fervedoiro de gorxas celestes. Por iso abrirá ó acceso a todo o público, "ainda que priorizando" o abonado. Como se levará a cabo? Abriranse tres prazos para facerse coas entradas:
- O aboados que recibian o SMS que lles convida a asistir o partido deberán confirmar a súa asistencia antes do xoves 20 ás 12 da maña´.
- De non encherse as 1500 localidades, os socios que non rebiran o SMS poderán contactar co clube para soliticar a súa entrada ata o venres 21 ás 12 da mañá. Autorizaranse segundo orde de petición.
- Se non se completa aforo, o venres 21 ás 13h abrirase a compra de entradas ó público xeral e pecharase unha vez completadas ás 1500 localidades ou, de non facelo, ás 17:30horas do propio día do partido.
Ó igual que haberá tres prazos direntes, tamén existirán tres tarifas dispares:
- Abonados suxeitos ó abono de toda a tempada entrarán de balde
- Abonados acollidos ós abonos reducidos de 30 euros pagarán:
Na zona Gris Miño 17 euros para maiores de idade e 12 euros os menores
Na Grada Lugo grio, 15 euros maiores de idade e 10 euros os menores
No resto, 12 euros maiores de idade e 7 euros os menore
- Os NON abonados pagarán:
Na zona Gris Miño, 28 euros para maiores de idade e 18 euros os menores
Na Grada Lugo grio, 25 euros maiores de idade e 16 euros os menores
No resto, 20 euros maiores de idade e 14 euros os menores
Tito Díaz agradece á afección o apoio dado até o de agora, pero pide que se reforce a axuda nun momento tan importante para o equipo. "Comeza a etapa máis ilusionanate, estamos satisfeitos de como chegamos", di, e engade que, malia que "a todos nos gustaría gañar sempre, chegan "gañando e sufrindo", setencia.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo