Baiona abre o prazo para participar na "Escola de Verán 2021"
O programa desenvolverase ao longo do mes de xullo de luns a venres de 8:00 a 15:00 h. no CPI Cova Terreña e no CEP de Sabarís
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/WHW522ACUNPD7DKBIYPFOEWYSA.jpg?auth=b6e2d65ab2dc52cdb77c09da8307d82cae8fa10e168f8716a7a845dfc4151773&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Foto de archivo de unos niños en un campamento. / Colectivo de Campamentos
![Foto de archivo de unos niños en un campamento.](https://cadenaser.com/resizer/v2/WHW522ACUNPD7DKBIYPFOEWYSA.jpg?auth=b6e2d65ab2dc52cdb77c09da8307d82cae8fa10e168f8716a7a845dfc4151773)
Vigo
A Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2021. Dirixida a nenos e nenas nacidos entre o ano 2009 e 2017 en cuxas familias ambos os proxenitores atópense en situación laboral activa ou familias monoparental/monomarental en situación laboral activa.
O programa desenvolverase ao longo do mes de xullo de luns a venres de 8:00 a 15:00 h. no CPI Cova Terreña e no CEP de Sabarís. Haberá flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15 h.) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00 h.)
Ten como obxectivo xeral “facilitar ás familias do municipio un recurso para conciliar a vida laboral, persoal e familiar, establecendo un servizo sociocomunitario que mellore a calidade de vida do territorio, potenciando ademais a optimización de recursos a través da utilización dos centros educativos municipais fóra do horario lectivo”.
As persoas interesadas poden solicitar praza desde o luns 10 de maio até o luns 24 de maio, ambos os incluidos. As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada e asinada, xunto coa documentación requirida no art. 9 e 12 das bases, no rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de mañá, solicitando cita previa no teléfono 986356779, ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona. No caso de solicitudes presentadas pola sede electrónica, estas poderán presentarse en calquera hora ou día durante a vixencia do prazo de solicitudes até o luns 24 de maio ás 14:00 horas.