A Costa da Morte lucirá dez bandeira azuis
Ademais dous centros de interpretación e dous sendeiros tamén foron distinguidos

Archivo / Cadena SER

A Costa da Morte volve a ocupar un lugar distinguido no reparto de bandeiras azuis efectuado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor. As praias da bisbarra conservan os dez distintivos entregados o ano pasado. Do mesmo xeito, os roteiros e centros azuis xa destacados en 2020 manteñen o seu estatus. A única novidade é a perda do porto azul do Clube Náutico de Camariñas. Pese a iso, o concello camariñán mantén unha praia, un roteiro e un centro azul en lugar destacado.
Neste verán ondeará a bandeira azul nas praias de Caión (A Laracha), Arou (Camariñas), Pedra do Sal, Razo e Saíñas (Carballo), O Ézaro (Dumbría), Laxe; A Ermida, Balarés e O Osmo (Ponteceso).
Ademáis dos areais, un ano máis aparecen destacados os roteiros de Saldoiro (A Laracha) e o do litoral de Camariñas, así como os centros azuis do museo de Man de Camelle e o Centro de Interpretación dos Muíños da Costa da Morte.