Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

O estraño caso da planadora "perdida"

Moitas interrogantes ao redor dunha desaparición rocambolesca

Patrulla da Garda Civil recolle a embarcación / Cedida

Patrulla da Garda Civil recolle a embarcación

A sombra dun novo accidente marítimo percorreu a Costa da Morte o pasado sábado. A desaparición dunha embarcación con tres tripulantes a bordo puxo en marcha un operativo de busca que rematou con final feliz. A aparición dos navegantes disipou os peores agoiros pero disparou as preguntas acerca dunha viaxe inusual. A policía xudicial busca agora respostas para as moitas interrogantes que se cernen sobre o caso.

A voz de alarma sobre a "desaparición" da planadora non se dou ata o sábado á tardiña, logo de que tres individuos da Pobra do Caramiñal se fixesen á mar dende O Pindo na tarde do venres. Os intentos de comunicación cos "desaparecidos" eran infrutuosos xa que ningún deles levaba consigo o teléfono móbil. O operativo de rastrexo rematou a última hora do sábado cando o avión de Salvamento Marítimo localizou en alta mar a embarcación. A sorpresa saltou cando se comprobou que na planadora, ademáis dos tres tripulantes iniciais, viaxaban dúas persoas máis: un cidadán búlgaro e outro rumano.

A nave foi escoltada ata terra e acompañada por mar e por aire. No peirao do Pindo atopábase a Garda Civil para facerse cargo da planadora, unha lancha rápida cun motor de 300 cabalos de potencia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00