Sociedad | Actualidad
Diputación Provincial Pontevedra

A Deputación súmase hoxe á celebración do Día de Europa

A institución provincial conmemora a data con accións nas redes sociais institucionais e unha proxección durante toda a fin de semana na explanada do Pazo Provincial

Día de Europa / Deputación

Día de Europa

Vigo

Cun chamamento “para contribuír todas e todos” ao crecemento dunha Europa máis igualitaria, ecolóxica, cohesionada e dixitalizada “como o mellor instrumento para saír máis fortes desta crise”, a Deputación de Pontevedra conmemora esta fin de semana o Día de Europa, que se celebra este domingo 9 de maio, aniversario da histórica declaración de 1950 de Robert Schuman considerada o xerme da Unión Europea.

“Europa ten que seguir a ser o centro das decisións que garantan dereitos para todas as persoas, non só no territorio europeo senón no conxunto do mundo”. Nun audiovisual co que a institución celebrará este día nas redes institucionais, a presidenta Carmela Silva fai recoñecemento ao “gran avance que a Unión Europea foi para a humanidade. Permitiunos vivir o período máis longo de paz da nosa historia”, recorda, e xuntos e xuntas debemos seguir avanzando cara unha Europa máis xusta na que as persoas sexan o centro de todo”. ”Ademais, remata a presidenta provincial, nestes últimos meses vimos que somos máis fortes, temos máis recursos e podemos facer fronte ás consecuencias da pandemia grazas á Unión Europa”.

Co gallo desta conmemoración, desde a noite do pasado venres e ata o próximo luns, a Deputación está a proxectar na explanada situada fronte ao Pazo Provincial de Pontevedra a imaxe da bandeira europea xunto ao lema “Día de Europa”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00