Arranca o World Padel Tour en Máis que Auga Navia
MQA sortea de forma gratuíta as entradas que hai dispoñibles para ir ao evento nas instalacións de Navia.
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/TYSEYSBK3ZIG3PWZEIWYJURHCY.jpg?auth=bc8b37d163f44df502243b286684a1fb2be89481a8fc471d7f434715dcbba764&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Un partido de la pasada edición / Nicolas Domínguez
![Un partido de la pasada edición](https://cadenaser.com/resizer/v2/TYSEYSBK3ZIG3PWZEIWYJURHCY.jpg?auth=bc8b37d163f44df502243b286684a1fb2be89481a8fc471d7f434715dcbba764)
Vigo
O domingo comezará no complexo de Pádel de Máis que Auga Navia a pre-previa do Cupra Vigo Open, terceira proba do World Padel Tour 2021, evento que conta coa participación das mellores pas a nivel mundial e, por suposto, neste caso, dos mellores galegos. Será a segunda vez que Máis que Auga acolla este gran torneo, despois da edición do 2019, cun gran éxito tanto a nivel organizativo como de afluencia de público (totalmente gratis nas nosas instalacións).
Este ano todo é diferente. Debido á situación sanitaria actual, a organización do WPT decidiu limitar e controlar o aforo, de forma que en Navia só haberá invitacións para os participantes e 34 máis para Máis que Auga, que decidiu sortear as mesmas, en horarios de mañá e tarde, co obxectivo de que a maior cantidade posible de afeccionados ao pádel poidan acudir ao evento.
Como será o sorteo?
Máis que Auga realizará o sorteo a través da súa páxina web na que habilitou unha ligazón (https://maisqueauga.com/es/worldpadeltour/). As persoas interesadas deben seleccionar os horarios e días nos que poderías acudir e cubrir os datos que se solicitan. A selección dos gañadores farase de forma aleatoria mediante 5 sorteos realizados a través da plataforma Easypromos e comunicarase o resultado aos premiados a través de SMS. A continuación, tedes a ligazón para poder participar no sorteo das entradas.
https://maisqueauga.com/es/worldpadeltour/