Amplíase tres meses o prazo para regulizar a ocupación de nichos municipais
O prazo anterior vencía mañá, día 5 e polo tanto agora amplíase ata o 6 de agosto
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/DU7AAHJKAVK23OS4CFDNI6J76Q.jpg?auth=a910cde3db44ca0172460adaa33cfa59e1c9b2576aa83ddb15b4b1874e2c93a1&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Casa consistorial de O Porriño. / porrino.org
![Casa consistorial de O Porriño.](https://cadenaser.com/resizer/v2/DU7AAHJKAVK23OS4CFDNI6J76Q.jpg?auth=a910cde3db44ca0172460adaa33cfa59e1c9b2576aa83ddb15b4b1874e2c93a1)
Vigo
A Concellería de Cemiterios comunica á veciñanza que amplía o prazo para regularizar a ocupación de nichos de titularidade municipal, por tres meses máis. O prazo anterior vencía mañá, día 5 e polo tanto agora amplíase ata o 6 de agosto.
Esta decisión está baseada no problema de falta de espazo no Cemiterio Municipal cos nichos de titularidade do Concello que levaban ocupados máis de 10 anos.
O bando da Alcaldía indica que se lle solicita á veciñanza que teñan inhumados nos nichos de propiedade municipal a familiares e que tiveran transcorrido máis de 10 anos, procedan a retirada dos restos e a limpeza para poñelos a disposición do Concello.
Durante o primeiro prazo baleiraronse 25 nichos e están en trámite outras 15 exhumacións máis.