Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Novos contratempos na fronteira entre Galicia e Portugal

O AECT Río Miño esixe á Xunta que non poña novos problemas aos desprazamentos a Portugal

Protesta de los alcaldes de la raia del Miño en el puente que une Tomiño con Vila Nova de Cerveira. / Diputación de Pontevedra

Protesta de los alcaldes de la raia del Miño en el puente que une Tomiño con Vila Nova de Cerveira.

Vigo

Lonxe de solucionarse a situación na fronteira entre Galicia e Portugal xorden novos contratempos. Unha vez os gobernos portugués e español dedicidon levantar o peche na raia a partir do sábado, xorde agora un novo axente -a Xunta- que interpreta que por mor do peche perimetral decretado polo goberno galego e pese a levantarse os controis estatais, únicamente poderán desprazarse entre a comunidade e o país luso as persoas que teñen causas xustificadas.

Esta situación vén de xerar un profundo malestar no Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Río Miño, que da man do seu vicedirector Uxío Benítez, pediu á Xunta que non continúe marxinando ao territorio miñoto logo de tres meses coa fronteira pechada. “Isto son máis paus nas rodas”, lamentouse.

Segundo Benítez, a Xunta de Galicia non ten competencias nin poder de decisión sobre as fronteiras exteriores, como é a do Miño, polo que non pode impoñer ordes sobre a mobilidade argumentando o seu peche perimentral autonómico. Insiste en que únicamente o pode facer o Goberno central. “Se iso fose así estaríamos ante a paradoxa dun territorio con dúas fronteiras simultáneas, unha autonómica e outra estatal”, salientou.

Como exemplo claro de que a interpretación do vicepresidente Alfonso Rueda de manter o peche perimetral autonómico é un erro, Benítez menciona o que acontece na fronteira España-Francia. Alí, relata, a cidadanía pode cruzar libremente entre os dous países presentando unha PCR negativa, sen ningunha xustificación mais que a vontade de pasar por ocio, pero non pode facelo dunha comunidade lindeira a outra salvo por cuestións laborais ou de forza maior debidamente acreditadas.

Para o vicedirector do AECT Río Miño, logo das últimas decisións dos gobernos portugués e español calquera persoa pódese mover tamén pola fronteira do Miño: “Non só os traballadores, senón tamén as persoas quedesenvolven a súa vida cotiá ou queren acceder a todo o comercio transfronteirizo”, dixo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir