Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

Condeado a cinco anos e medio de cadea por abusar dunha menor

A vítima sufriu os abusos dende 2012 ata 2016

O tribunal impón unha pena de oito anos de afastamento e liberdade vixiada

Audiencia Provincial da Coruña / Radio Nordés Cadena SER

Audiencia Provincial da Coruña

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña vén de condear a un fisterrán a cinco anos e medio de cárcere por abusos a unha menor. Ademáis tamén impón unha pena de oito anos de liberdade vixiada, así como a prohibición de entrar en contacto por ningún medio ou aproximarse á vítima por un espazo de tempo similar.

Os xuices consideran probado que o condeado cometeu os abusos "varias veces por semana" dende 2012, cando a vítima contaba con seis anos, ata "polo menos" 2016. O agresor aproveitaba a relación de amizade coa familia da cativa e ameazaba "co ingreso na cadea ou nun centro ou que faría dano á súa familia" se a menor contaba o que sucedía.

Foi a nai da vítima a que denunciou o caso cando descubriu as mensaxes que o agora condeado enviaba á menor. O tribunal considera que non hai ningún dato que non faga crible a versión ofrecida pola denunciante. Ademáis destacan a solidez do relato da menor, sostendo a súa versión no tempo "sen ambigüidades nen contradicións"

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00