A Orquesta Barroca de Vigo ofrecerá un recital en Ourense
O CSMV visitará o conservatorio ourensán para un recital con entrada libre o xoves 29 de abril
Ourense
A Orquesta Barroca do Conservatorio Superior de Música de Vigo realizará o vindeiro 29 de abril un concerto no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. A aula de órgano da escola de música ourensá será o espazo elixido, que terá entrada libre ata completar aforo, contando sempre coas correspondentes medidas de seguridade.
Integrada por profesores e mais alumnos de todas as especialidades musicais de música antiga que se imparten na cidade olívica, conta tamén coa colaboración de alumnos de outras especialidades. A orquesta interpretará obras de Avison, Biber e mais Haendel nun recital que arrincará ás catro e meda da tarde
![Álvaro Rodríguez de Uña](https://s3.amazonaws.com/arc-authors/prisaradio/99c79ece-c814-4fbb-8566-00ab1475986b.png)
Álvaro Rodríguez de Uña
Nacido en 1988 en Ourense, y licenciado en periodismo por la Universidad de Navarra. Se incorpora a...