Libros para viaxar sen máscaras, en plena pandemia
Libreiros e lectores saen a rúa do Paseo no Día do Libro

Día do libro 2021 con descontos do 10 % nos libros e unha flor como agasallo / Cristina Carballo

Ourense
23 de abril, moitos, principalmente os amantes da lectura non esquecen que hoxe é o Día do Libro, San Jordi, San Jorge. O pasado ano foi suspendida a su celebración pola pandemia.
O libro é un bo compañeiro en diferentes circunstancias pero sin dúbida con máis forza nestos tempos de encerro. Como xa e habitual nos últimos anos O Paseo é o punto de encontro dos libreiros. Diferentes librerías da cidade, un total de nove, instálanse nunha carpa , hasta as nove da noite en horario ininterrumpido, e o fan co tradicional desconto dun 10 % por cada adquisición e manteñen o agasallo da flor.
José Manuel García, presidente da Agrupación de Libreiros de Ourense conta que está indo moi ben e que "coa pandemia hai un maior hábito de leer entre os que xa o facían e tamén novos lectores".