Sociedad | Actualidad
CICLOTURISMO

Aberto o prazo para inscribirse na marcha cicloturista Clásica A Ribeira Sacra

Os afeccionados ao cicloturismo poderán anotarse para gozar desta primeira edición organizada polo o INORDE

Aberto o prazo para inscribirse na marcha cicloturista ´´Clásica A Ribeira Sacra´´ / INORDE

Aberto o prazo para inscribirse na marcha cicloturista ´´Clásica A Ribeira Sacra´´

Ourense

O INORDE organiza, co apoio da Axenda de Turismo de Galicia, a primeira marcha cicloturista ´´ Clásica A Ribeira Sacra´´ que abre o seu prazo de inscrións para que os afeccionados ao cicloturismo poidan gozar da beleza paisaxística que ofrece o corazón da Ribeira Sacra. Esta primeira edición pretende apoiar tamén a candidatura da Ribeira Sacra para que sexa declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO.

O evento deportivo, que precorrerá os municipios de Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Para de Sil, Montederramo e A Teixeira, ofrece aos participantes tres posibles percorridos para poder adaptala a todos os públicos: Gran Fondo de 115 quilómetros e + 27000 metros de desnivel; medio fondo de 100 quilómetros e + 2200 metros de desnivel; e o mini fondo de 65 quilómetros e + 1400 metros de desnivel. Esta proba, de carácter non competitivo, terá lugar o día 12 de setembro, sendo a saída da mesma ás 9:30 horas, na localidade de Luintra, no Concello de Nogueira de Ramuín.

O tráfico estará controlado, pero aberto, polo cronometrado con circulación libre que incluirá a última subida, con ramplas do 24%. Así mesmo, os tres primeiros de dito tramo recibirán un premio especial.

Os interesados en participar poderán inscribirse ata cubrir as 400 prazas ofertadas a través da páxina web: www.aribeirasacra.com. Para as 100 primeiras prazas hai unha promoción de 39 euros que inclúe maillot técnico personalizado do evento, comida ao remate, cronometraxe e servizo mecánico no evento e gozar do patrimonio natural que ofrece a Ribeira Sacra.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00